Stop fusión de Caixabank e Bankia

Recuperemos as caixas de aforro como sistema financeiro público ligado aos territorios

As persoas e entidades abaixo asinantes opoñémonos a esta fusión porque aumentaría a concentración bancaria, diminuiría a competencia, empeoraría as condicións para a clientela, destruiría emprego, reduciría a obra social, diminuiría o control social e desconectaríaas aínda máis dos seus territorios orixinarios.

A destrución das caixas de aforro foi premeditada e organizada desde "arriba" con varios obxectivos:

  • Eliminar a competencia que as caixas facían aos bancos. As caixas recollían máis da metade dos aforros, investían preferentemente nos seus territorios e dedicaban unha parte importante dos beneficios á obra social.
  • Centralizar o sistema financeiro, xa que a maior parte das Comunidades Autónomas non dispoñen de caixas de aforro, co que perderon autonomía financeira para apoiar proxectos estratéxicos locais, etc.
  • Despois de transformalas en bancos, na maior parte dos casos, sacaron a Bolsa as súas accións que en poucos anos perderon máis da metade do seu valor.

Així mateix, després del procés de bancarització el pas de treure aquestes entitats a Borsa ha estat també una cosa nefasta ja que en pocs anys han perdut més de la meitat del seu valor.

Este proxecto de fusión de Caixabank e Bankia e outras que seguen impulsando máis as súas saídas a Bolsa, profundan a negativa liña seguida nos últimos 10 anos. Con todo, estados máis avanzados como Alemaña, Países Baixos, Francia, etc., manteñen máis do 50% do seu aforro en caixas de aforro, cooperativas de crédito e entidades públicas.

Impulsan esta petición as seguintes asociacións e entidades:

Caixa Cat, Plataforma por una Banca Publica, Kutxabank Publikoa Plataforma (ELA, LAB, Steilas, EHNE, ESK, Ekoneus...), ATTAC, CIG


 
 
 
 
 
Na internet só visualizaranse o nome-apelidos, profesión, e país-poboación.
A información será tratada con confidencialidade